Galego Castellano

Voto e accesibilidade

Electores

Persoas que por enfermidade ou incapacidade non poden solicitar persoalmente o voto por correo.

Procedemento

En caso de enfermidade ou incapacidade (cuxa existencia deberá acreditarse por medio de certificación médica oficial e gratuíta) que impida a formulación persoal da solicitude, esta poderá ser efectuada en nome do/a elector/a por outra persoa autorizada notarial ou consularmente mediante documento que se estenderá individualmente en relación con cada elector/a e sen que neste se poida incluír a varios electores/as, nin unha mesma persoa representar a máis dun elector/a. A Xunta Electoral comprobará, en cada caso, a concorrencia das circunstancias a que se refire este apartado.

O servizo de notario é totalmente gratuíto. O notario desprazarase ao domicilio do elector (xa sexa un hospital, residencia de maiores ou o domicilio dun familiar). Posteriormente, o/a representante ou apoderado/a poderá ir persoalmente, co seu DNI e poder notarial, a calquera oficina de Correos e solicitará o impreso para votar por correo.

Más información:
Colexios de Notarios por provincia

Comprobada a circunstancia pola Xunta Electoral competente, transmitirase a solicitude, só se se achega o certificado médico acreditativo da enfermidade ou incapacidade.


A Delegación da Oficina do Censo Electoral correspondente, enviará por correo certificado, entre os días 29 de xaneiro e o 11 de febreiro ao domicilio indicado na solicitude ou, na súa falta, ao que figure no censo, a seguinte documentación:

  • Papeletas e sobre de votación.
  • Certificado de inscrición no censo electoral.
  • Sobre coa dirección da Mesa onde lle correspondería votar.
  • Folla explicativa


Esta documentación debe ser recollida persoalmente polo apoderado/a, previa acreditación da súa identidade. Se non se atopase no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á oficina de Correos correspondente.
Recibida esta documentación, debe proceder inmediatamente a realizar as operacións que se indican no apartado sobre o voto por correo dos residentes en España. Lembre que o último día para enviar o voto é o 15 de febreiro de 2024 (prazo ampliado segundo o acordo 1/2024 da Xunta Electoral Central).

Lectura Facil

TAMÉN PODE ACCEDER A ESTA INFORMACIÓN A TRAVÉS DA SEGUINTE GUÍA DE FÁCIL LECTURA (ELABORADA SEGUINDO AS PAUTAS DE LECTURA FÁCIL DE INCLUSIVE EUROPE E A NORMA UNE 153101 EX): Descargar aquí