Galego Castellano

Impedimentos e escusas

Os cargos de presidente/a e vogal das mesas electorais son obrigatorios, non podendo ser desempeñados por quen se presente como candidato/a.


A designación como presidente/a e vogal das mesas electorais debe ser notificada aos/ás interesados/as no prazo de 3 días.


Nas eleccións do 18 de febreiro de 2024, os/ás designados/as dispoñen dun prazo de 7 días desde a notificación para alegar ante a Xunta Electoral de Zona correspondente unha causa xustificada e documentada que lles impida a aceptación do cargo. As persoas maiores de 65 anos que fosen nomeadas poden renunciar no prazo de 7 días a partir da comunicación da notificación.


Os impedimentos e escusas xustificadas sinalanse na Instrución 6/2011, de 28 de abril, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 27.3 da LOREX, sobre impedimentos e escusas xustificadas para os cargos de Presidente/a e Vogal das Mesas Electorales, do 28 de abril, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 27.3 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, sobre impedimentos e escusas xustificadas para os cargos de Presidente/a e Vogal das Mesas Electorais.


A Xunta Electoral de Zona resolve as alegacións no prazo de 5 días e comunica, no seu caso, a sustitución ao/á primeiro/a suplente. Contra esa resolución da Xunta Electoral de Zona non cabe recurso vía administrativa electoral, sen prexuízo de calquera recurso xurisdicional que o/a interesado/a estime pertinente (Acordo da Xunta Electoral Central de 20 de abril, 19 de setembro e 3 de decembro de 2001). Por outra banda, o artigo 8.5 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa das impugnacións contra actos das Xuntas Electorais de Zona.


A condición de persoa integrante dunha mesa electoral só se perde por escusa alegada pola persoa designada. Ningunha outra persoa ou institución poderá decidir o cambio desta condición.


Se posteriormente calquera dos/das designados/as non puidese acudir a desempeñar o seu cargo de membro de mesa, debe comunicalo á Xunta Electoral de Zona polo menos 72 horas antes da xornada electoral, achegando as xustificacións pertinentes. Se a imposibilidade de acudir se produce despois deste prazo, o aviso á Xunta Electoral de Zona deberá realizarse de maneira inmediata, e, en todo caso, antes da constitución da mesa electoral (8:00 horas do día da votación). Os/As suplentes tamén poden alegar escusas que lles impidan formar parte da mesa.


O cargo de membro de mesa non pode ser desempeñado por quen se presente como candidato/a, nin sequera aínda que o faga noutra circunscrición. Considérase causa xustificada o ter a condición de inelixible segundo o establecido no artigo 6 da Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.


A persoa designada pola Administración para recibir unha copia da acta de escrutinio a efectos de facilitar información provisional para os resultados electorais, non poderá compatibilizar esta función coa de membro de mesa.


O/a presidente/a e os/as vogais das mesas electorais, así como os/as respectivos/as suplentes, que deixen de concorrer a desempeñar as súas funcións, as abandonen sen causa lexítima ou incumpran sen causa xustificada as obrigacións de escusa ou aviso previo, incorrerán en pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a vinte e catro meses.