Galego Castellano

Voto das persoas electoras en penais

Electores/as

Internos/as en centros penais non privados do dereito de sufraxio.

Procedemento

Exponse ante a poboación interna as normas electorais que regulan o voto por correo e organízanse sesións informativas de explicación e aclaración do procedemento de votación.

O/a director/a de cada centro penal solicita á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. que un/unha funcionario/a deste servizo se desprace nunha data determinada ao centro cos impresos de solicitude de inscrición no censo necesarios para que, alí mesmo, sexan cubertos polos/as internos/as.

Se algún/a recluso/a carecese de documento nacional de identidade, basta con documento de identidade interior que teñen todos/as os/as internos/as, sempre que apareza a fotografía.

A Oficina do Censo Electoral debe remitir ao penal no que se atope o/a recluído/a, sobres e papeletas suficientes que deben ser entregadas persoalmente polo/a funcionario/a de Correos ao/á elector/a.

O/a elector/a elixe a papeleta, introdúcea no sobre, e este noutro sobre que irá dirixido á mesa electoral que corresponda.

O/a traballador/a de Correos fará chegar os sobres ás correspondentes mesas electorais o día da votación.