Galego Castellano

Votación das persoas residentes temporalmente no estranxeiro

¿Cómo se vota desde o estranxeiro?

As persoas electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria do proceso e a súa celebración, e desexen votar, deberán solicitalo previamente (para iso, poden solicitar o impreso nos Consulados e Seccións Consulares de Embaixadas ou presionando aquí)

Unha  vez cuberta,  a solicitude do voto por correo entrégase nas Oficinas Consulares ou Seccións Consulares das Embaixadas (para iso será preciso identificarse mediante a exhibición do DNI ou pasaporte para a verificación da inscrición no rexistro como “non residente”, así como; a coincidencia da firma que figura na solicitude co DNI ou pasaporte): o prazo para efectuar a solicitude será ata o 20 de xaneiro de 2024.

Seguidamente o Consulado remitirá a solicitude de voto por correo á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente. Unha vez recibida a solicitude, a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral anotará no censo que o/a elector/a vai votar por este procedemento, a fin de que non vote persoalmente, o día da votación, na Mesa electoral.

A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente enviará ao/á elector/a a documentación para o voto: entre o día 23 e o 29 de xaneiro de 2024 (salvo que se produciran impugnacións ás candidaturas, nese caso o envío poderá demorarse ata o 6 de febreiro de 2024 ).

Unha vez recibida, o/a elector/a remitirá á mesa electoral correspondente a documentación necesaria para a emisión do voto:  O prazo para remitir o voto por correo será ata o 14 de febreiro.