Galego Castellano

Papeletas descargables para voto CERA

As Xuntas Electorais Provinciais son os órganos competentes para aprobar o modelo oficial das papeletas correspondentes á súa circunscrición.

A confección das papeletas e sobres de votación inícianse inmediatamente despois da proclamación de candidatos (se contra a proclamación de candidatos se interpoñen recursos ante o órgano xudicial contencioso-administrativo competente na provincia, a confección das papeletas correspondentes posponse, na circunscrición electoral onde se interpuxeron, ata a resolución destes recursos).

As primeiras papeletas confeccionadas entregaranse ás Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral para o seu envío aos residentes ausentes que viven no estranxeiro entre o 24 e o 28 de xaneiro do 2024 (salvo no caso de producirse impugnacións, nese caso o envío poderá demorarse ata o 3 de febreiro do 2024).


Tamén poderán descargar as papeletas ata o 15 de febreiro pulsando nas seguintes ligazóns:


- CIRCUNSCRICIÓN A CORUÑA

- CIRCUNSCRICIÓN LUGO

- CIRCUNSCRICIÓN OURENSE

- CIRCUNSCRICIÓN PONTEVEDRA